Acogedor e rústico en Cerdido
Casa rural de pedra de 25m2 rodeada de natureza e nun valle cheo de paz preto das praias máis bonitas de Galicia; a só 10 minutos en coche da praia de Pantín, Vilarrube e Baleo, a nosa favorita.
Casa A Rocha
Casa rural de pedra de 25m2 rodeada de natureza e nun valle cheo de paz preto das praias máis bonitas de Galicia; a só 10 minutos en coche da praia de Pantín, Vilarrube e Baleo, a nosa favorita. Espertarás co son dos paxaros e rodeado de verdor. Pódese chegar a tódalas comodidades principais en 5 ou 10 minutos en coche: supermercado, panadaría, farmacias e restaurantes na zona. O espazo está dividido en planta baixa onde atopamos a modo de planta aberta un pequeno salón-cociña, que conta con sofá-cama e baño completo con ducha; e unha segunda planta con dúas áreas para durmir e colocar a roupa. Un dos espazos conta cunha cama dobre de 160 x 200 e unha individual de 90 x 200. A casa tamén conta cun xardín que ten varios espazos de sombra e sol onde comer, tomar o sol, ducharte con vistas a un prado, facer unha bbq cos amigos, ioga ou simplemente relaxarse.
Details
• Aloxamento completo para 3 persoas. • Número de camas: 2 camas, 1 individual e 1 dobre. • Número de aseos en total: 1 • Parking privado. • Wifi. • Estufa de leña e leña. • Artigos de limpeza básicos incluídos. • Sábanas, edredón e toallas incluídas. • Xardín con ducha exterior, bbq e mobiliario exterior.
Environment
A casa atópase nas aforas da Aldea gandeira de Cerdido, unha aldeola de menos de 1500 habitantes nada turística e ideal para desconectar e ir sen presas. Está composto de varios valles que podes percorrer mentres paseas poderás ver vacas, corzos, aguias, entre outros. Un bo exemplo da Galicia rural. Se es amante do surf i/e gústache gozar da praia atoparás: - Praia de Pantín a 9km - Praia de Vilarrube a 5,7Km - Praia de Baleo a 8,3Km Entre outras. E se non es tanto de praia, a só 10Km tamén atoparás dous centros hípicos cos que percorrer a zona e a 11km atoparás un dos pobos máis bonitos de Galicia, San Andrés de Teixido. Para chegar a este pobo pasarás por acantilados impresionantes, rutas para recoller cogombelos e verás cabalos salvaxes. Todo isto, coa comodidade dun aloxamento encantador e unha excelente localización para explorar o mellor de Galicia!
Registro de turismo: HUTL-001037